Sede electrónica Concello de Abegondo

06:55:21 Domingo 8 de decembro 2019
Estás en:

Información

Convocatoria de prazas conforme ao Programa de financiamento de cuadrillas de obras e servizos mínimos municipais no exercicio 2015, financiado pola Deputación Provincial da Coruña

7/05/15


Convócanse as seguintes prazas conforme ao Programa de financiamento das cuadrillas de obras e servizos mínimos municipais no exercicio 2015, financiado pola Deputación Provincial da Coruña e do que é beneficiario o Concello de Abegondo:

  • 1 albanel (oficial de segunda)
  • 2 peóns (1 peón de obras públicas e 1 peón forestal)

Requisitos necesarios para poder optar a cada unha das prazas:

-Certificado de estudos primarios ou equivalente

-Galego (Celga 1 ou equivalente)

Conforme a Resolución de aprobación das bases do programa de financiamento das cuadrillas de obras e servizos mínimos municipais (Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 31 do luns, 16 de febreiro de 2015) o Concello realizará a contratación do persoal a través do Servizo Público de Emprego. A oferta, coa petición de candidatos/as realizarase unha vez que transcorran cando menos 3 días dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio na web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello de Abegondo.

Polo tanto os candidatos/as interesados/as deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego.

Bases na páxina web do Concello www.abegondo.gal


Abegondo, 5 de maio de 2015

O alcalde José Antonio Santiso Miramonte, asdo.