Sede electrónica Concello de Abegondo

11:47:51 Martes 18 de xuño 2019
Estás en:

Información

ANUNCIO de información pública de aprobación inicial do instrumento de ordenación provisional.

21/12/18

Información pública de aprobación inicial do instrumento de ordenación provisional.

O instrumento de ordenación provisional do concello de Abegondo, nos termos que constan no expediente, foi aprobado inicialmente por acordo de Pleno do 22 de novembro de 2018, de conformidade co artigos 84 e seguintes da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, e sométese a información pública polo prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello http://sede.abegondo.gal
Durante este prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.
Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.
O que se comunica para os efectos oportunos.

Abegondo, 29 de noviembre de 2018


José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde

 

DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181221/AnuncioL101-011218-0001_gl.html

Mais Información e documentacion do instrumento: http://abegondo.gal/servizos-municipais/urbanismo/iop/