Sede electrónica Concello de Abegondo

13:28:39 Sábado 17 de agosto 2019
Estás en:

Información

Anuncio da Secretaría Xeral Municipal: aprobación inicial de ordenanza

24/07/19

Aprobación inicial de Ordenanza Reguladora para a protección das captacións de auga subterránea destinada ao consumo humano en Abegondo

Aprobada inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión ordinaria realizada o 18.07.2019, a Ordenanza para a protección das captacións de auga subterránea destinada ao consumo humano

Publícase na sede electrónica deste Concello co obxecto de dar audiencia aos cidadáns afectados e solicitar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades durante o prazo de DOUS MESES a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na sede municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.