Sede electrónica Concello de Abegondo

11:41:43 Domingo 7 de xuño 2020
Estás en:

Información

AVISO Á CIDADANÍA

15/03/20

Seguindo as directrices do Goberno de España, da Xunta de Galicia e as recomendacións da FEGAMP anunciamos:

 

➡️ O peche das nosas oficinas de atención ao público a partir do luns �� 16 de marzo, ata novo aviso.

➡️ Que as comunicacións co Concello seguirán a poder realizarse de xeito telemático a través da sede electrónica [https://sede.abegondo.gal] ou do Rexistro electrónico Común das Administracións Públicas [https://rec.redsara.es].

➡️ Que mañá 16 de marzo ten lugar a primeira reunión da Comisión Municipal de Seguimento da evolución do COVID-19 formada polos representantes do Goberno e persoal municipal para establecer medidas que garantan os servizos mínimos en todo o noso concello.

➡️ Podedes enviar as consultas por calquera dos medios electrónicos de contacto habituais: a web www.abegondo.gal, o contacto na sede electrónica sede.abegondo.gal ou á caixa de correo xeral: ✉️ correo@abegondo.gal

�� Para consultas indispensables o número de atención continua a ser o 981 647 909. Prégase un uso responsable deste servizo.

Seguiremos informando a través de todas as nosas canles oficiais.

Ánimo e unha aperta para todas e todos.

#EuQuedoNaCasa
@Abegondo

Aviso para a cidadanía