Sede electrónica Concello de Abegondo

12:47:58 Domingo 22 de maio 2022

Información

SECRETARÍA

03/11/2021

CESIÓN GRATUÍTA TEMPORAL BEN PATRIMONIAL CAMIÑO EN BEADE A COMUNIDADE USUARIOS REGANTES DE BEADE

ANUNCIO DE APROBACIÓN INICIO EXPEDIENTE DE CESIÓN DE CAMIÑO

O Concello de Abegondo o 27/10/2021 aprobou iniciar o expediente para ceder gratuitamente en réxime de concesión a favor da Comunidade de Usuarios de Regantes de Beade, por un prazo igual ao prazo de concesión das augas con clave DH A15.58065 (ata o día 08/03/2039) o seguinte ben inmoble:

Camiño AB-0353 situado en Beade. Localización. ABEGONDO. Plano do polígono 13 da concentración de Mabegondo, Abegondo, Cabanas, Cerneda e Viós. Parte do camiño AB-0353 coincidente coa fronte da parcela de referencia catastral 15001E508090910000GT.

Sométese o expediente a un período de información pública por prazo de vinte días mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello, a fin de que os interesados presenten as alegacións que estimen pertinentes. Así mesmo, o expediente atoparase a disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste Concello https://sede.abegondo.gal.


Xustificantes de Publicación: