Sede electrónica Concello de Abegondo

13:08:36 Domingo 22 de maio 2022

Información

SUBVENCIÓNS

11/11/2021

CONVOCATORIA BOLSAS AXUDAS DEPORTISTAS

 

É obxecto da presente resolución establecer as bases e a regulación da tramitación e concesión, por parte do Concello de Abegondo, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de becas a deportistas de Abegondo co obxecto de apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto no que se refire ao perfeccionamento técnico e mellora no rendemento na participación en competicións oficiais nas distintas modalidades deportivas recoñecidas en deportes, como posibilitar a participación en eventos deportivos de nivel, cando se cumpran os requirimentos e obrigas impostos nas presentes bases.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante 20 días naturais dende o día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do extracto da convocatoria de subvencións na Base Nacional de Subvencións.

Prazo de xustificación

O prazo para a presentación da documentación xustificativa estará aberto ata o 11 de decembro de 2021.

Descarga modelo de solicitude editable: https://abegondo.gal/uploads/tx_icticontent/Solicitude_subvencion_deportistas_federacion_.pdf

Descarga modelo de xustificación editable: https://abegondo.gal/uploads/tx_icticontent/Xustificacion_subvencion_deportistas.pdf

 


Xustificantes de Publicación: