Sede electrónica Concello de Abegondo

12:45:40 Domingo 22 de maio 2022
Estás en:

Información

Anuncio: aprobación inicial do plan municipal de prevención de incendios

15/02/2021

Logo de aprobarse inicialmente, mediante acordo do Pleno do Concello de Abegondo, na sesión ordinaria,realizada o día 29 de xaneiro de 2021, o borrador do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Abegondo, sométese a información pública, en cumprimento do establecido no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante). O devandito borrador do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Abegondo exhibirase en formato papel no departamento de Urbanismo do Concello (Casa do Concello, San Marcos, núm.1 CP.15318, Abegondo-A Coruña), en horario de oficina (luns a venres, de 9.00 horas a 14.00 horas) e na sede electrónica do Concello (https://sede.abegondo.gal). Durante un período de vinte días hábiles a partires da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña,calquera persoa física ou xurídica poderá examinar o expediente co fin de que as persoas que o desexen poidan formular as correspondentes alegacións, observacións e suxestións.