Sede electrónica Concello de Abegondo

12:14:14 Domingo 17 de novembro 2019
Estás en:

Información

Taboleiro de anuncios


ANUNCIO: consulta pública para a elaboración da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local por instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga, e hidrocarburo

8/11/17



De conformidade co establecido no artigo 133 da Lei 39/2015 de 1 de outubro de procedemento Administrativo común, con carácter previo á elaboración do proxecto da ordenanza, se substanciará unha consulta pública, a través do portal web da Administración competente de conformidade ao artigo 133 referido.


Anuncio de aprobación de bolsas de estudo 2016/2017

2/11/17


O Concello de Abegondo, mediante resolución da Alcaldía núm. 462/2017 de data 11.10.2017, de acordo coa proposta de comisión cualificadora, acordou conceder e denegar as solicitudes das bolsas de estudo 2016/2017, que figuran no anuncio de aprobación anexo.

Para calquera aclaración poden poñerse en contacto coa Concellería de Educación e Cultura do Concello de Abegondo.



Bases específicas reguladoras da convocatoria do proceso de selección de persoal laboral fixo, para acceso a prazas vacantes, incluída na oferta de emprego público do Concello de Abegondo (A Coruña) do ano 2016, polo procedemento de concurso-oposición

27/09/17


Bases específicas Operario de Medio Ambiente. Por Resolución de Alcaldía número 2017/G003/000079 , aprobáronse as bases especificas para a praza vacante do persoal municipal, mediante sistema de concurso-oposición.



Convocatoria para a cobertura por concurso de méritos da seguinte praza de persoal laboral temporal

3/08/17


PRAZAS: 1 enxeñeiro/a agrónomo ou de montes para dirixir a Oficina Técnica do programa LIFE do Concello de Abegondo


ANUNCIO: aprobación da bolsa de emprego para cubrir postos de traballo para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais

23/06/17

As prazas a cubrir veñen derivadas do convenio de colaboración suscrito coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018


ANUNCIO contratación de persoal laboral temporal dos integrantes da cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais, anualidade 2017, financiada pola Deputación Provincial da Coruña (Programa de Integración Laboral 2017)

31/05/17


Comunícase que por medio de Resolución da Alcaldía do 19.05.2017 aprobáronse as bases de selección de persoal laboral temporal para a contratación das persoas desempregadas integrantes da cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais, financiada pola Deputación Provincial da Coruña (Programa de Integración Laboral 2017, anualidade 2017).
O Concello de Abegondo convoca as seguintes prazas:
– 1 albanel (oficial de segunda)
– 3 peóns de obras públicas
– 1 peón forestal
As bases da convocatoria pódense consultar no taboleiro de anuncios municipal e na web www.abegondo.gal
Prazo de presentación de instancias: 8 días hábiles a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.

Abegondo, 19 de maio de 2017
O alcalde
José Antonio Santiso Miramontes



ANUNCIO: Anuncio do Certame das Letras Galegas 2017

19/05/17


Mediante Resolución da Alcaldía de data 16/05/2017, foi acordado aprobar a convocatoria do Certame Letras Galegas 2017 Concello de Abegondo e as bases do Certame Letras Galegas 2017 Concello de Abegondo.
As ditas bases están dispoñibles na sede electrónica do Concello de Abegondo e na web municipal
Abegondo, 16 de maio de 2017
O alcalde José Antonio Santiso Miramontes asdo.


ANUNCIO para bolsas de estudo para o curso 2016/17.

6/05/17


Mediante Resolución da Alcaldía do 4 de abril de 2017, acordouse:

  • .- Primeiro. Realizar a convocatoria pública para a concesión de bolsas de estudo, curso 2016/17.
    Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.
  • .- Segundo. Publicar esta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello. /ul>