Amósanse os 100 anuncios máis recentes; use o buscador para localizar outros.
21/09/2021
Bases selección alumnado traballador e persoal do obradoiro dual emprego empregabilidade e coidados
05/08/2021
Acordo do Pleno do Concello de Abegondo polo que se aproba inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Os ficheiros para a descarga, comprimidos en ZIP, conteñen a documentación completa do plan que responde á estrutura que recolle a Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.
Está dispoñible tamén para a descarga o modelo normalizado para a presentación de alegacións.
29/07/2021
É obxecto das presentes base é regulación do proceso selectivo do persoal, asi como da convocatoria respectiva, para o ingreso en categorías profesionais de persoal funcionario, mediante o procedemento selectivo de oposición, para a cobertura en propiedade da praza abaixo relacionada, incluídas na Oferta de Emprego Público, publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 23 de data 04 de febreiro de 2021.
24/07/2021
Por decreto da alcaldía número 2019/G003/000257 foron aprobadas as bases específicas reguladoras da convocatoria do proceso de selección de persoal laboral, para acceso a prazas vacantes, incluida na oferta de emprego público do Concello de Abegondo (A Coruña) do ano 2017, polo procedemento de concurso-oposición. Faise pública a composición do tribunal, a listaxe definitiva de persoas admitidas no proceso e a data, hora e lugar para a realización do primeiro exercicio.
06/07/2021
Comunícase que por medio da Resolución da Alcaldía do 17/06/2021 (Expte. TEDEC número: 2021/G003/000226) aprobáronse as bases de selección para a contratación laboral temporal das persoas traballadoras que integrarán a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais no exercicio 2021, conforme ao convenio de colaboración asinado coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. Fanse públicas as actas cos resultados das probas da convocatoria e os resultados finais do proceso.
18/06/2021
Formada e rendida a Conta Xeral do Orzamento desta Entidade correspondente ó exercicio de 2020, integrada polas Contas e Estados a que fai referencia o artígo 209.1 del RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. Durante quince días hábiles e os oito seguintes, contados a partir do seguinte ó de inserción do presente anuncio no BOP, co obxeto de que os interesados lexitimados poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que se estimen pertinente.
18/06/2021
O Pleno desta Corporación aprobou na sesión realizada o día 3 de xuño de 2021 o expediente de modificación de créditos MC 5/2021 de suplemento de crédito e crédito extraordinario, dentro do vixente Orzamento Municipal.