Amósanse os 100 anuncios máis recentes; use o buscador para localizar outros.
11/06/2021
Faise público o anuncio da concesión definitiva, convocatoria, as bases e os modelos normalizados e a documentación para a presentación de solicitudes
02/06/2021
O Pleno do Concello de Abegondo, na sesión ordinaria celebrada ó 15 de abril de 2021, aprobou a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola expedición de documentos.
27/05/2021
Bases reguladoras da convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de persoal funcionario, incluída na oferta de emprego público do Concello de Abegondo.
25/05/2021
Está vacante o cargo de Xuíz de Paz substituto deste Municipio. Ábrese un prazo de 10 días hábiles para que, as persoas interesadas e que reúnan as condicións legais, o soliciten por escrito dirixido á Alcaldía.
22/05/2021
Publícanse os padróns fiscais dos anos 2020 e 2021 xunto cos seus respectivos anuncios no Boletín Oficial da Provincia da Coruña
08/05/2021
Polo pleno deste Concello de data 18.06.2012 foi aprobada inicialmente a relación de postos de traballo do Concello de Abegondo, que foi publicada no BOP, número 122 do xoves 28 de xuño de 2012 sen que houbese alegacións e foi aprobada definitivamente en pleno o 27.07.2012. A dita RPT foi modificada puntualmente en decembro de 2016. É necesario modificar a Relación de postos de traballo -RPT- por canto é necesario adecuala á realidade do Concello
07/05/2021
Por Resolución de Alcaldía núm. 132/2021 de data 16.04.2021 acordouse realizar a convocatoria pública para a concesión de Bolsas de Estudo curso 2020/2021 do Concello de Abegondo.
30/04/2021
A finalidade destas axudas é facilitar medios ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas dos municipios adheridos ao Fondo de Financiamento, para facer fronte ás consecuencias derivadas da crise motivada pola COVID-19, e contribuír á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico
23/04/2021
Por medio do decreto da Alcaldía do 05.04.2021 (Expte. 2021/G003/000116 ) aprobáronse as bases de selección de persoal laboral temporal para a contratación das persoas desempregadas integrantes da cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais, financiada pola Deputación Provincial da Coruña (Programa PEL CONCELLOS REACTIVA 2021).
22/03/2021
O Pleno do Concello de Abegondo, na sesión extraordinaria celebrada ó 26 de febreiro de 2021,aprobou a modificación da Ordenanza para a Redacción de Proxectos de Urbanización de Obras e Recepción polo Concello de Abegondo. En cumprimento do disposto nos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985,de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, sométese esta modificación da Ordenanza a información pública e audiencia os interesados por un prazo de trinta días, a contar dende o día seguinte a inserción de este anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que se poida examinar e presentar reclamacións e suxestións, que serán resoltas por a Corporación. De non presentarse reclamacións ou suxestións no mencionado prazo, considerarse aprobada definitivamente sen necesidade de acordo expreso por o Pleno.