Sede electrónica Concello de Abegondo

12:37:26 Venres 22 de outubro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición para as accións formativas do programa PEL-Emprego Sustentable no Ámbito Rural

Non hai convocatorias abertas actualmente

Permite presentar electrónicamente unha solicitude de inscrición para as accións formativas de Competencias Clave nivel 2 e 3 dos itinerarios de Inserción do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cofinanciado con axudas AP-POEFE do Fondo Social Europeo e impulsado pola deputación da Coruña.

As Competencias clave básicas facilitan o acceso aos niveis 2 e 3 de certificados de profesionalidade do Sistema de Formación Profesional para o Emprego.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

Prazo de presentación: do día 17 de Setembro, ás 14:00H do 8 de Outubro 2021.

  • Formulario, declaración e compromiso debidamente cumprimentado e asinado  (descargar modelo).
  • Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario se a solicitude é telemática en nome propio).
  • Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.
  • No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil
  • Certificado ou Volante de empadroamento.
  • Documento acreditativo ou informe emitido polos  servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.
  • Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.), cando corresponda.
  • Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego, cando corresponda.
  • Declaración responsable da solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente, cando corresponda.

As persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego sustentable no ámbito rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa se carecen de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano, segundo o establecido na lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Para poder percibir esta axuda, a persoa participante deberá completar o itinerario de formación, obtendo o diploma acreditativo ou o certificado de profesionalidade que corresponda, admitindo so ausencias xustificadas de ata o 10% das horas totais da duración.

No caso de ausencias superiores ao 10%, aínda que foran xustificadas, non se considerará completado o itinerario formativo e perderase o dereito á obtención da bolsa  económica.

Unha vez determinado o número total de horas de asistencia de cada persoa participante, a Deputación da Coruña , aboará, nun único pago, as axudas que correspondan a aquelas que completen o itinerario e cumpran os requisitos para a súa obtención.

As fases a seguir no proceso de selección de persoas participantes e os criterios serían:

  • Inscrición e presentación de solicitudes: todas as persoas interesadas en participar poden entregar a documentación esixida nos prazos establecidos en calquera das 3 vías habilitadas:
    • 1. Tramitación online na sede electrónica do concello no que estean empadroadas, no acceso habilitado como PEL_Emprego Sustentable.
    • 2. Descarga do formulario dende a sede electrónica e achega, xunto coa documentación requirida, no rexistro do concello no que estean empadroadas.
    • 3. Dirixirse ao persoal técnico dos servizos de emprego e desenvolvemento local, e ou orientación do concello onde estean empadroadas.
  • Baremación de criterios de carácter xeral: o persoal técnico do concello dos servizos de emprego e desenvolvemento local, e ou orientación, é o encargado de estimar ou desestimar as inscricións recibidas en función de se cumpre ou non requisitos de acceso e a documentación presentada está completa e é correcta.
  • Entrevista Persoal: De entre todas as solicitudes admitidas, realizarase primeiro unha valoración obxectiva conforme ao baremo establecido (Avaliación da situación de  vulnerabilidade social, segundo o previsto no proxecto PEL Emprego Sustentable no ámbito rural) outorgando 1 punto por cada unha das circunstancias de vulnerabilidade que reúna a persoa solicitante segundo os establecidos e realizarase unha entrevista na que se valorarán aspectos tales como a motivación, a seguridade no compromiso, a non existencia de accións persoais programadas que impidan a asistencia continuada (eventos familiares, cirurxías,  viaxes, etc.) adecuación do itinerario á acción formativa solicitada e á súa traxectoria formativa ou laboral, ao seu obxectivo profesional e á existencia dun proxecto de  diversificación profesional coherente no seu caso outorgando 0,25 por cada unha das evidencias na entrevista.

Non se admitirán inscricións que non vaian acompañadas da documentación requirida e o baremo resultado da entrevista co/a técnico/a municipal de emprego e  desenvolvemento local ou  orientación, ou esta non sexa lexible ou non se corresponda coa información solicitada.

O ámbito territorial de orixe das persoas participantes é coincidente co ámbito territorial do proxecto, no que se circunscriben todos os concellos da provincia da Coruña, excepto aqueles que teñen máis de 50.000 habitantes, A Coruña, Ferrol e Santiago.

Os centros onde se desenvolverán estas accións formativas en xornadas de 5 horas e de luns
a venres, son: 

ACCIÓN FORMATIVA

HORAS

SEDE

CONCELLO

Competencias clave nivel 2: Comunicación en lingua castelá e matemática

240

EL ÁBACO

Avenida do Xeral Vidal Ríos, 12

BAIO, ZAS

240

ENSINO SL

Av. da Habana, 119

AS PONTES

 

ACCIÓN FORMATIVA

HORAS

SEDE

CONCELLO

Competencias clave nivel 3: Comunicación en lingua castelá e matemática

400

Escola de Finanzas S.L. (EFFUTURE)

Rúa Salvador de Madariaga, 50

OLEIROS

 

Nome: Solicitude de inscrición para as accións formativas do programa PEL-Emprego Sustentable no Ámbito Rural.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.

https://emprego.dacoruna.gal/desempregados/quero-formarme/pel-emprego-sostible-no-ambito-rural/

https://emprego.dacoruna.gal/desempregados

https://emprego.dacoruna.gal

https://www.mptfp.gob.es/portal/politica-territorial/local/coop_econom_local_estado_fondos_europeos/fondos_europeos/2014-2020_FSE/fse_poefe.html