Sede electrónica Concello de Abegondo

07:46:34 Domingo 26 de maio 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de licenza de movementos de terra e muros de contención

A Solicitude de Licenza de Movementos de Terra e Muros de Contención deberá presentarse para os seguintes actos de uso do solo e do subsolo:

  • Os muros de contención de terras.
  • Os grandes movementos de terras e as explanacións.

(Art. 142.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha licenza de movementos de terra e muros de contención.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de licenza de muro de contención (Instancia normalizada da Solicitude de licenza muro de contención).
  • Datos identificativos da persoa solicitante. Persoas físicas: - DNI (ou documento que faga as súas veces da persoa solicitante ou da representante).  - As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable ante o secretario do Concello) Persoas xurídicas: - DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación. - Escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Escritura pública de propiedade do terreo. Dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.
  • Reportaxe fotográfica do solar ou da edificación, subscrita pola persoa solicitante e polo técnico redactor do proxecto. Nos casos de nova edificación en edificacións entre medianeiras, acompañarase tamén fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.
  • Oficio de dirección das obras.
  • Cando proceda, documentación acreditativa da mancomunidade de patios ou garaxes ou compromisos cos lindantes no caso de edificacións apegadas.
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas.
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial; declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto, no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • En Núcleo Rural Común admítense outros materiais e formas que harmonicen cos valores naturais do núcleo e a paisaxe rural do entorno sendo necesario aportar no proxecto un estudo paisaxístico do ámbito que dé cumprimento aos artigos 346.B e ao 351.B do PXOM e ao artigo 104 da LOUG.
  • Resgardo de abono da taxa e imposto por tramitación de expediente de licenza de obras.
  • En edificacións con afeccións sectoriais, presentar copia dos informes favorables.
  • No suposto de edificación en solo rústico: presentación da autorización autonómica.
  • Proxecto en formato papel e dixital , plano de emprazamento, en formato DWG ou DXF xeoreferenciado para realizar as correspondentes comprobacións e incorporación da nova edificación na base cartográfica municipal.

Nome: Solicitud de Licenza de Movementos de Terra e Muros de Contención.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía / Xunta de Goberno Local.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.