Sede electrónica Concello de Abegondo

07:47:33 Domingo 26 de maio 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de licenza de segregación e parcelamento

A Solicitude de Licenza de Segregación e Parcelamento deberá presentarse para os seguintes actos de uso do solo e do subsolo:

  • Os parcelamentos, segregacións ou outros actos de división de terreos en calquera clase de solo, cando non formen parte dun proxecto de reparcelamento urbanístico.

(Art. 142.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha licenza de segregación e parcelamento.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude da licenza de parcelación (Instancia normalizada da solicitude de licenza de parcelación).
  • Datos identificativos da persoa solicitante. Persoas físicas: - DNI (ou documento que faga as súas veces da persoa solicitante ou da representante).  - As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable ante o secretario do Concello) Persoas xurídicas: - DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación. - Escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Escritura pública de propiedade do terreo. Dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.
  • Reportaxe fotográfica do solar ou da edificación, subscrita pola persoa solicitante e polo técnico redactor do proxecto. Nos casos de nova edificación en edificacións entre medianeiras, acompañarase tamén fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.
  • Oficio de dirección das obras.
  • Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento debidamente cuberto e asinado.
  • Cando proceda, documentación acreditativa da mancomunidade de patios ou garaxes ou compromisos cos lindantes no caso de edificacións apegadas.
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas.
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial; declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto, no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • En Núcleo Rural Común admítense outros materiais e formas que harmonicen cos valores naturais do núcleo e a paisaxe rural do entorno sendo necesario aportar no proxecto un estudo paisaxístico do ámbito que dé cumprimento aos artigos 346.B e ao 351.B do PXOM e ao artigo 104 da LOUG.
  • Resgardo de abono da taxa e imposto por tramitación de expediente de licenza de obras.
  • En edificacións con afeccións sectoriais, presentar copia dos informes favorables.
  • No suposto de edificación en solo rústico: presentación da autorización autonómica.
  • Proxecto en formato papel e dixital , plano de emprazamento, en formato DWG ou DXF xeoreferenciado para realizar as correspondentes comprobacións e incorporación da nova edificación na base cartográfica municipal.

Proxecto (1 copia en formato papel e outra en dixital) específico que contará como mínimo os seguintes documentos:

  • Delimitación sobre levantamento topográfico da parcela con altimetría e curvas de nivel cada 50 cm. Das leiras iniciais e finais e cun erro menor do 2,5% e a escala 1/500, mínimo. Os planos deben vir ben acoutados. Este plano deberá recoller elementos físicos existentes tanto na parcela como na fronte e lindeiros tales como rexistros de instalacións, postes, muros ou muretes, bordos, edificacións, farois, noiros, canles, cunetas,... e todos aqueles que sirvan para poder referenciar sobre os terreos as liñas de parcela e aliñacións previstas.
  • Descrición de lindeiros, accidentes, topografía, superficies e demais características das parcelas iniciais e resultantes de forma inequívoca e precisa.
  • Xustificación da parcelación de acordo con plan municipal. A este efecto sinalarase sobre o plano de delimitación as aliñacións definidas polo plan municipal e superficies tanto brutas como netas e de cesión estimada para as vías públicas, das parcelas resultantes. En caso de existir edificacións sobre a parcela xustificarase o cumprimento dos parámetros de ordenanza destas edificacións sobre as parcelas resultantes. As aliñacións estarán referidas aos elementos físicos recollidos no levantamento topográfico de forma que poidan ser comprobadas, in situ.
  • No caso de que existan edificacións, presentarase memoria indicando a superficie construída total e por plantas, superficie ocupada, o número de plantas e a distancia á vía pública e aos lindeiros de cada unha delas.
  • No caso de agrupación e posterior parcelación, presentarase un plano no que se identifique a parcela total da agrupación.
  • Compre presentar o plano de aliñacións sobre a cartografía base do concello (a descargar na páxina web) e indicar as parcelas netas e brutas, tanto inicial coma resultantes. 
  • Calquera outra documentación que a normativa urbanística e rexistral o requira.
  • Nas segregacións en solo rústico deberá presentase xustificación da causa que motiva a mesma seguindo disposto no artigo 206 da LOUG.
  • Nas parcelas de concentración parcelaria,admítense os topográficos con aumentos ou defectos de superficie nun 2% tal e como determina o artigo 43 da Lei 10/1985 de agosto de concentración parcelaria de Galicia. Si a diferenza e maior ao 2% permitido, é necesario a incorporación dun informe técnico xustificativo que incorpore ao mesmo un plano no que se superpoñan o plano de concentración e o topográfico identificando a diferenza.

Nome: Solicitude de Licenza de Segregación e Parcelamento.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía / Xunta de Goberno Local.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.