Sede electrónica Concello de Abegondo

07:45:04 Domingo 26 de maio 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude recollida de animais

O procedemento "Solicitude de Recollida de Animais" regula a retirada, por petición da cidadanía, de animais en estado patente de abandono na vía pública.

Servizos:

  • Recollida de Cans e Gatos abandonados na vía pública (cabalos, burros, vacas, teñen a súa propia lexislación e non poden ser recollidos por este servizo).
  • Xestión da adopción dos animais de compañía abandonados ou entregados.
  • Xestión de cadáveres de animais de particulares e clínicas veterinarias.

Para facer uso destes Servizos:

Teléfono: 981 67 90 83
Horario ó público: 9:00 a 14:00 de luns a venres // 16:00 a 18:00 de luns a venres

Localización e horario das instalacións

Servizo de recollida e adopción de animais domésticos
Lugar de Pazo, 2-A 15318 LIMIÑÓN, ABEGONDO (A Coruña)

Teléfono: 981 679 083 // Móbil: 646 111 906
Email: servigal@laceriaservigal.es

Horario:
Mañás de luns a Sábado: 09:00 a 14:00 h.
Tardes de Luns a Vernes: de 16:00 a 18:00 h.

Qué facer se perdiches un animal:

Teléfono: 981 679 083 // Móbil: 646 111 906
Email: servigal@laceriaservigal.es

Horario:
Mañanas de luns a sábado: 09:00 a 14:00 h.
Tardes de luns a vernes: de 16:00 a 18:00 h.

  • Avisar en canceiras e protectoras.
  • Avisar ó teu veterinario da pérda ou incluso aos veterinarios da zona no que o perdeches.
  • Avisar á Policía Local do Concello onde o perdeches.

Qué facer se atopas un animal doméstico

Poñerte en contacto :

  • Policia Local do concello
  • Servizo de Emerxencias: 112
  • Servizo de lacería: 981 67 90 83

Se decides quedarte con él debes saber que igualmente debes dar aviso xa que o seu propietario o pode estar buscando.
Se sabes dun can abandonado debes de notificarlo igualmente ao Concello ou á Policia Local.

Persoas físicas e/ou xurídicas que desexen solicitarlle ao Concello a recollida de animais.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de recollida de animais.

Nome: Solicitude de recollida de animais.

Unidade tramitadora: Consorcio As Mariñas.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía / Xunta de Goberno Local.

Prazo de execución: 
3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/impostos:

Recollida dun animal na vía pública 43 €.
Estancia, manutención e custodia por día ou fracción 4 €.
Entrega dun animal por particular 52 €.
Entrega de dúas ou máis cachorros (cada un) 28 €.
Adopción (implantación do chip + vacina + desparasitación) 54 €.
Microchip 35 €.
Vacina 21 €.
Taxa de incineración até 25 kg 29 €.
Taxa de incineración de 26 até 40 kg 36 €.
Taxa de incineración de máis de 40 kg 50 €.
Transporte de animais vivos ou mortos 31 €.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.