Sede electrónica Concello de Abegondo

11:16:44 Luns 4 de agosto 2025
Estás en:

Información

Ahesión ao punto xeral de entrada de facturas electrónicas FACe

16/01/2015


Por Resolución de Alcaldía de data 13 de xaneiro de 2015 o concello de Abegondo procedeu á adhesión ao Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración do Estado-FACe. O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido na Disposición Adicional sexta da Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público.

Faise público que a partir do 15 de xaneiro de 2015 os proveedores deste Concello estarán obrigados a presentar factura electrónica a través do FACe, agás as facturas cuxo importe (IVE engadido) sexa de ata 5.000,00 €, as cales quedan excluídas da obriga de facturación electrónica.

Nas facturas emitidas ao Concello de Abegondo (L01150011) deberá facerse referencia ás seguintes unidades administrativas:

  • L01150011 Oficina Contable:  Intervención Municipal (LA0005043).

  • L01150011 Órgano Xestor: Alcaldía (LA0005039).

  • L01150011 Unidade de Tramitación: Intervención Municipal (LA0005043).

 

Abegondo, 16 de xaneiro de 2015.

O ALCALDE-PRESIDENTE: José Antonio Santiso Miramontes, asdo.


Xustificantes de Publicación: