Sede electrónica Concello de Abegondo

07:45:12 Venres 29 de marzo 2024

Información

EMPREGO

17/03/2022

CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO CONTRATACIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL (PEL 2022)

EXP: 2022/G003/000092

Por medio do decreto da Alcaldía do 15/03/2022 aprobáronse as bases de selección de persoal laboral temporal para a contratación das persoas desempregadas para a execución de obras e servizos municipais, financiada pola Deputación Provincial da Coruña PROGRAMA PEL-CONCELLOS 2022.

O Concello de Abegondo convoca as seguintes prazas:

- 1 tractorista

- 2 peóns de obras públicas

- 1 peón forestal

As instancias presentaranse acompañadas do DNI ou NIE. Así mesmo, achegarase a documentación acreditativa dos requisitos mínimos necesarios para a admisión, segundo o previsto para cada unha prazas no apartado correspondente das bases. Tamén se achegará a documentación acreditativa dos méritos alegados na instancia para a súa valoración.

Deberán presentarse no rexistro municipal en horario de 09.00 h a 14.00 h, a través da sede electrónica do Concello (sede.abegondo.gal) ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (neste caso enviarase un correo electrónico ao enderezo adl@abegondo.gal dentro do prazo de presentación).

Prazo de presentación de instancias: 5 días naturais que se contarán dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).


Xustificantes de Publicación: