CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS DE ALTO INTERESE MUNICIPAL 2022
EXP: 2022/A002/000002
Publícanse as bases e a regulación da tramitación e concesión, por parte do Concello de Abegondo, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de bolsas a deportistas de Abegondo co obxecto de apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto no que se refire ao perfeccionamento técnico e mellora no rendemento na participación en competicións oficiais nas distintas modalidades deportivas recoñecidas en deportes, como posibilitar a participación en eventos deportivos de nivel, cando se cumpran os requirimentos e obrigas impostos nas bases da convocatoria.
As bases reguladoras desta convocatoria foron publicadas en el Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 209 do venres 4 de novembro de 2022
O extracto da convocatoria foi publicado no Boletín Oficial da Porvincia da Coruña número 212 do mércores 9 de novembro de 2022.
Prazo de presentación de solicitudes:
As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica do Concello de Abegondo ou no Rexistro Xeral de Entrada do Concello con destino ao servizo de Deportes nun prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte a publicación dun estrato desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Descarga o formulario editable de solicitude no seguinte enlace:
Formulario editable de solicitude de axuda a deportistas