Sede electrónica Concello de Abegondo

12:29:27 Xoves 28 de marzo 2024

Información

ASOCIACIÓNS

09/11/2022

CONVOCATORIA DAS SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO ANUALIDADE 2022

EXP: 2022/A002/000003

Publícanse as bases reguladoras da convocatoria para a concesión mediante concorrencia competitiva, de axudas ás asociacións rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Abegondo e ás comisións de festas organizadoras de festas nas parroquias do municipio, nas seguintes modalidades:

a. Para actividades realizadas e adquisición de equipamentos realizados polas asociacións no exercicio 2022 e que segundo os seus estatutos lles son propios.

b. Celebración de festas patronais. Enténdense como tales as celebracións do día do patrón da parroquia.

c. Celebración de Festas Patronais PEL- Concellos: cumprindo os requisitos estipulados nas bases reguladoras do PEL- Concellos _ Axudas ao sector das orquestras e verbenas, do Plan de Emprego Local, anualidade 2022 (BOP núm. 102, de martes 31 de maio de 2022: Axudas a Orquestras do programa PEL).

Bases reguladoras:

As bases reguladoras desta convocatoria foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 209 do 4 de novembro de 2022.

O extracto da convocatoria foi publicada no  Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 212 do 9 de novembro de 2022.

Cuarto. Contía

a. Subvencións asociacións: 10.000 €.

b. Subvencións para festas patronais: 5.700 €

c. Subvencións para Festas Patronais PEL- Concellos: Axudas ao sector das orquestras e verbenas, do Plan de Emprego Local, anualidade 2022, concedido ao Concello de Abegondo, por Resolución núm. 2022/32445 do 19 de xullo de 2022, cunha dotación total de 7.000 €

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante 15 días hábiles dende o día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do extracto da convocatoria de subvencións da Base Nacional de Subvencións.

Prazo de xustificación:

O prazo para a presentación da documentación xustificativa estará aberto ata o día 15 de decembro de 2022.

Os modelos editables para a solicitude e xustificación da subvención poden descargarse no seguinte enlace:

Modelos editables de solicitude e xustificación

 

 


Xustificantes de Publicación: