CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL (PEL 2023)
EXP: 2023/A008/000018
Convocatoria proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal para a prestación de servizos básicos municipais, financiada pola Deputación Provincial da Coruña a través do programa Pel-Concellos 2023.
O prazo de presentación de documentación é de 5 días naturais que se contarán dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP). É dicir, o prazo rematará o mércores 26 de abril.
As solicitudes deberán incluir o modelo de instancia e a declaración responsable incluídas neste anuncio. Presentaranse na forma e coa documentación recollida nas bases de selección.