BASES DE SELECCIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL APROL RURAL 2023
EXP: 2023/A008/000019
BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS (PROGRAMA APROL RURAL, EXERCICIO 2023)
Prazas:
-1 tractorista (grupo de cotización 9)
-2 peóns/peoas forestais (grupo de cotización 10)
Nota: As persoas candidatas interesadas deberán ser previamente preseleccionadas pola oficina do Servizo Público de Emprego (ofertas de emprego) e cumprir os requisitos sinalados no citado artigo 14 da orde de convocatoria de subvencións do 9 ede xaneiro de 2023 e, en particular, ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados/as e estar dispoñibles para o emprego
Prazo de presentación das instancias (punto 8 das bases): 3 días hábiles que se contarán dende o día seguinte a aquel no que o/a candidato/a reciba comunicación por parte do Concello de que estaba incluído na relación enviada polo Servizo Público de Emprego (oficina de emprego de Betanzos).