BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS DE ALTO INTERESE MUNICIPAL 2023
EXP: 2023/A002/000002
Publícanse as bases e a regulación da tramitación e concesión, por parte do Concello de Abegondo, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de bolsas a deportistas de Abegondo co obxecto de apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto no que se refire ao perfeccionamento técnico e mellora no rendemento na participación en competicións oficiais nas distintas modalidades deportivas recoñecidas en deportes, como posibilitar a participación en eventos deportivos de nivel.
Foi publicada unha reseña das bases no Boletín Oficial da Provincia número 188 do día 2 de outubro de 2023.
O prazo de presentación de solicitudes empezará a contar a partir do día seguinte á publicación do estrato desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.