Sede electrónica Concello de Abegondo

04:18:10 Domingo 10 de novembro 2024

Información

INTERVENCIÓN

02/11/2023

APROBACIÓN INICIAL ACTIVIDADES E PREZOS PÚBLICOS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS

EXP: 2023/G006/000169

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria celebrada o día 3 de outubro de 2023, acordou a aprobación inicial dos prezos públicos das actividades deportivas e culturais, de nova creación ou reformuladas de anos anteriores.

E en cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, sométese o expediente a información pública polo prazo de quince días, que contan desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

Se transcorrido o devandito prazo non se presentaran reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o dito acordo.


Xustificantes de Publicación: