Sede electrónica Concello de Abegondo

12:38:10 Venres 22 de novembro 2024

Información

EMPREGO

02/11/2023

CONVOCATORIA PÚBLICA SELECCIÓN PERSONAL DIRECTIVO, DOCENTE Y ADMINISTRATIVO OBRADOIRO DE EMPREGO

EXP: 2023/A008/000032

CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DE APOIO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO "RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO VERDE III". DOCUMENTACIÓN PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

No  BOP núm. 209 do xoves, 2 de novembro de 2023  sae publicado o extracto da convocatoria para a selección do persoal directivo, docente e administrativo de apoio oo obradoiro dual de emprego "Reserva de biosfera: emprego verde III" .  Concretamente, ábrese un proceso selectivo específico para a contratación das persoas traballadoras que cubrirán as seguintes prazas deste obradoiro de emprego:

 - 1 director/a (xornada completa)

 - 2 mestres/as das especialidades “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” (AGAR0309) (xornada completa) e ”Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería” (AGAO0108) (xornada completa)

 - 2 mestre/s de formación complementaria ( ao 50 % da xornada), concretamente: 1 mestre/a en ensino básico/titor/a e 1 mestre/a en orientación, información profesional, formación empresarial e asesoramento 

- 1 auxiliar administrativo/a (ao 50 % da xornada).  

O prazo para presentar as instancias coas solicitudes para participar no proceso selectivo será de 5 días naturais que se contarán dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).


Xustificantes de Publicación: