Sede electrónica Concello de Abegondo

01:24:30 Luns 7 de outubro 2024

Información

ASOCIACIÓNS

08/11/2023

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO ANUALIDADE 2023

EXP: 2023/A002/000004

Publícanse as bases que regulan as axudas ás asociacións rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Abegondo e ás comisións de festas organizadoras de festas nas parroquias do municipio, nas seguintes modalidades:

a. Para actividades realizadas e adquisición de equipamentos realizados polas asociacións no exercicio 2023 e que segundo os seus estatutos lles son propios.

b. Celebración de festas patronais. Enténdense como tales as celebracións do día do patrón da parroquia.

Ademais neste programa no referente a entidades ou clubs deportivos sen animo de lucro vai dirixido á realización de actividades conducentes á mellora da condición física, á ocupación activa do tempo de lecer, ó deporte de carácter afeccionado ou popular e á participación en competicións deportivas que non sexan federadas. - A promoción social da práctica e dos valores deportivos que se realice mediante a organización de actividades de formación, difusión e divulgación do deporte e dos valores deportivos. Poderán consistir en charlas, talleres, cursos, organización de simposios e xornadas de debate. - A organización de competicións deportivas federadas ou non federadas. así como para a adquisición de equipamentos por parte destas entidades no exercicio 2023 e que segundo os seus estatutos lles sexan propios.


Xustificantes de Publicación: