ANUNCIO BOP ( núm. 247) APROBACIÓN DEFINITIVA ORDENANZA
EXP: 2023/X999/000414
ANUNCIO BOP núm.247 do día 29 de decembro de 2023
Aprobación definitiva da ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA NA PARTE ESPECIAL A FAVOR DE EMPRESAS EXPLOTADORAS DE SERVIZOS DE SUBMINISTRACIÓN POR OCUPACIÓN DO SUBSOLO, SOLO E VOO DA VÍA PÚBLICA
O Pleno do Concello de Abegondo, na sesión extraordinaria celebrada o día 6.11.2023, acordou a aprobación inicial da ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA NA PARTE ESPECIAL A FAVOR DE EMPRESAS EXPLOTADORAS DE SERVIZOS DE SUBMINISTRACIÓN POR OCUPACIÓN DO SUBSOLO, SOLO E VOO DA VÍA PÚBLICA.
O anuncio da aprobación inicial foi publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm.213 ) do 08/11/2023 e no taboleiro municipal de anuncios por un prazo de trinta días, sen que se producisen reclamacións.
Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda elevado a definitivo o acordo plenario inicial, cuxo texto íntegro dos artigos modificados faise público, para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local