Sede electrónica Concello de Abegondo

02:51:28 Venres 27 de decembro 2024

Información

EMPREGO PÚBLICO

05/07/2024

CONVOCATORIA SELECCIÓN PERSOAL BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS 2024

EXP: 2024/E001/000003

CONVOCATORIA SELECCIÓN PERSOAL TEMPORAL PARA FORMAR PARTE DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS PARA  A CAMPAÑA DO ANO 2024

Por medio do decreto da Alcaldía do 354/2024 do 04/07/2024 aprobáronse as bases de selección para a contratación laboral temporal das persoas traballadoras que integrarán a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais no exercicio 2024, conforme ao Convenio de colaboración asinado coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

O Concello de Abegondo convoca as seguintes prazas:

-1 xefe/a de brigada

- 1 peón/peoa condutor/a 

- 3 peóns/peoas de brigada

Prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP


Xustificantes de Publicación: