Sede electrónica Concello de Abegondo

05:03:08 Sábado 14 de decembro 2024

Información

DEPORTES

11/10/2024

CONVOCATORIA BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE ABEGONDO 2024

EXP: 2024/A002/000003

Publícanse as bases e a regulación da tramitación e concesión, por parte do Concello de Abegondo, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de bolsas a deportistas de Abegondo co obxecto de apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto no que se refire ao perfeccionamento técnico e mellora no rendemento na participación en competicións oficiais nas distintas modalidades deportivas recoñecidas en deportes, como posibilitar a participación en eventos deportivos de nivel.

Foron publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia número 192 do día 4 de outubro de 2024.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 14 de outubro ata o 11 de novembro de 2024 (inclusive).

As solicitudes presentaranse de maneira telemática na sede electrónica do Concello de Abegondo ou no Rexistro Xeral de Entrada do Concello con destino ao servizo de Deportes.

No seguinte enlace atópanse os documentos para a solicitude das mesmas: https://sede.abegondo.gal/sxc/es/procedimientosytramites/tramites/Solicitudayudasdeportistasaltointeres2024


Xustificantes de Publicación: