Sede electrónica Concello de Abegondo

05:01:36 Sábado 14 de decembro 2024

Información

EMPREGO

05/11/2024

BASES DE SELECCIÓN  DO ALUMNADO-TRABALLADOR DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO

EXP: 2024/A008/000022

Bases de selección do alumnado-traballador do Obradoiro Dual de Emprego "Reserva de Biosfera: Emprego Verde IV"

Comunícase que por medio do decreto da Alcaldía núm. 661/2024 do 04/11/I2024 aprobáronse as bases de selección do alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO VERDE IV” (Expte 15/0020/2024), elaboradas e asinadas o día 30/10/2024 pola Comisión de Selección deste programa mixto.

O programa contará con 20 alumnos/as-traballadores/as que realizarán as seguintes especialidades formativas:

- Por unha banda, 10 alumnos/as-traballadores/as realizarán dúas especialidades de nivel 1 da familia profesional “Edificación e obra civil” e da área profesional “Albanelería e acabados”, que son:

.“Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción” (Código EOCB0109)

.“Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas” (Código EOCB0208)

- Por outra banda, outros/as 10 alumnos/as-traballadores/as realizarán a especialidade de nivel 2 da familia profesional “Agraria"  e da área profesional “Xardinaría”, “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes” (AGAO0208).

Conforme as anteditas bases e os procedementos de selección nela establecidos, para a selección do alumnado-traballador deste obradoiro de emprego, tramitaranse as correspondentes ofertas na oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia (Emprego Galicia) que fose asignada (neste caso a oficina de emprego de A Coruña-Tornos), co fin de que se envíen as respectivas relacións de persoas candidatas para a súa selección definitiva pola Comisión de Selección. 

 


Xustificantes de Publicación: