Sede electrónica Concello de Abegondo

19:49:06 Xoves 22 de maio 2025

Información

EMPREGO

19/05/2025

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE 1 MESTRE/A PARA OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA"

EXP: 2024/A008/000022

" RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE 1 MESTRE/A PARA IMPARTIR AS ESPECIALIDADES DE ALBANELERÍA E ACABADOS DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO VERDE IV”

Por medio do decreto da Alcaldía 15/05/2025 (TEDEC: 2024/A008/000022- 2025/G003/000287) aprobouse a convocatoria para a selección de 1 mestre/a do obradoiro dual de emprego “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO VERDE IV” para impartir ata ao remate deste programa (15/09/2025) as seguintes especialidades de nivel 1 da familia profesional de “Edificación e obra civil”e da área profesional “Albanelería e acabados”:

-“Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción” (Código EOCB0109)

-”Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas” (Código EOCB0208)

Faise pública a convocatoria mediante a inserción deste anuncio no taboleiro da sede electrónica do Concello de Abegondo (https://sede.abegondo.gal). 

Ao mesmo tempo, publicarase un anuncio co extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP A Coruña), que determinará o inicio do prazo para a presentación das instancias coas solicitudes para participar no proceso de selección. Deberán presentarse na forma e achegando a documentación indicada no apartado 3.3 das bases de selección, no prazo de 5 días hábiles que se contarán dende o día seguinte ao da publicación do anuncio co extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP). "


Xustificantes de Publicación: