SELECCIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL PROGRAMA PEL-CONCELLOS 2025
EXP: 2024/A008/000047
Comunícase que por medio do decreto da Alcaldía do 10/06/2025 (Expte TEDEC: 2024/A008/000047– 2025/G003/000355) aprobáronse as bases de selección de persoal laboral temporal para a contratación das persoas desempregadas para a prestación dos servizos básicos municipais, financiada pola Deputación Provincial da Coruña a través do Programa PEL-CONCELLOS 2025.
O Concello de Abegondo convoca as seguintes prazas:
-2 peóns/peoas de obras públicas
-2 peóns/peoas forestais
Prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP)