MC 19/2025. MODIFICACIÓN DE CRÉDITO EXTRAORDINARIO E SUPLEMENTO DE CRÉDITO FINANCIADO RLTGX
EXP: 2025/T002/000019
ANUNCIO APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN DE CRÉDITO MC 19/2025
O Pleno do Concello de Abegondo aprobou na sesión extraordinaria realizada o día 19 de setembro de 2025 o expediente de modificación de créditos MC 19/2025 de suplemento de crédito e crédito extraordinario, dentro do vixente Orzamento Municipal.
En cumprimento co disposto no art. 177.2 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, exponse ao público, por prazo de quince días hábiles. Durante este prazo, que comezará a contarse dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, poderán formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, que deberán ser dirixidas ao alcalde-presidente do Concello de Abegondo.