ANUNCIO BOP NÚMERO 37 DO MÉRCORES DÍA 25 DE FEBREIRO DE 2026
EXP: 2025/C006/000003
Anuncio alleamento oneroso de inmobles municipais a título oneroso
ANUNCIO
EXPEDIENTE: 2025/C006/000003
Por medio do presente anuncio se efectua a convocatoria para o alleamento oneroso de inmobles municipais a título oneroso, conforme aos seguintes datos:
OBXECTO
Ten por obxecto regular o procedemento e as condicións baixo as cales levará a cabo o alleamento, por lotes, de diversas parcelas de titularidade do Concello de Abegondo.
DESCRICIÓN DOS BENS
Os bens obxecto de alleamento son as seguintes parcelas, agrupadas en varios lotes independentes, cuxas carac- terísticas e datos rexistrais e catastrais detállanse a continuación:
Lote 1: Parcela de referencia catastral 15001A502001970000HB situada no lugar de Trasigrexa da parroquia de Crendes
· 2.570,00 valórase en dous mil cincocentos setenta euros
Lote 2: Parcela de referencia catastral 15001D506004360000ZR situada no lugar de Vilar da parroquia de Folgoso:
· 3.700,80 € valórase en tres mil setecentos euros con oitenta céntimos.
MODALIDADE E PROCEDEMENTO DE ALLEAMENTO
O alleamento realizarase polo procedemento de poxa pública á alza mediante a presentación de ofertas en sobre pechado. Cada licitador poderá presentar posturas para un ou ambos os lotes, debendo presentar unha proposición dife-
renciada en cada caso, conforme ao establecido neste prego.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS OFERTAS
As ofertas presentaranse en sobre pechado dentro do prazo de QUINCE días naturais contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia por algunha das seguintes vías:
a) Presencialmente no rexistro municipal do Concello con domicilio no lugar de San Marcos non 1- 15318
Abegondo, en horario de 9.00 as 14.00 horas
b) Por correo postal. Neste caso, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico a contratacion@abegondo.gal no
mesmo día, consignándose o número do expediente, título completo do obxecto do contrato e nome do licitador. Sen a concorrencia de ambos os requisitos, non será admitida a proposición se a proposición é recibida polo órgano de contrata-
ción con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado no anuncio de licitación. En todo caso, transcorridos cinco días naturais seguintes a esa data sen que se recibiu a documentación, esta non será admitida.
PUBLICIDADE E CONVOCATORIA
A diferente documentación e trámites relativos a este procedemento de contratación estará ao dispor dos interesados na seguinte ligazón:
https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:detalle_licitacion