CONVOCATORIA DAS SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO ANUALIDADE 2026
EXP: 2026/A002/000002
Publícanse as bases que regulan as axudas ás Entidades sen ánimo de lucro (deportivas, veciñais, culturais, educativas, ANPAS, clubs deportivos etc..) rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Abegondo e ás comisións de festas organizadoras de festas nas parroquias do municipio, nas seguintes modalidades:
a. Para actividades realizadas e adquisición de equipamentos realizados polas asociacións no exercicio 2026 e que segundo os seus estatutos lles son propios.
b. Celebración de festas patronais. Enténdense como tales as celebracións do día do patrón da parroquia.
O prazo de presentación de solicitudes e xustificación estará aberto ata o 30 de novembro de 2026.
No seguinte enlace poderán presentar a solicitude e a xustificación: https://sl1nk.com/123kyju