Permite presentar electrónicamente unha solicitude de inscrición para as accións formativas de MAMR0108 MONTAXE DE MOBLES E ELEMENTOS DE CARPINTERÍA dos itinerarios experimentais de formación dual do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cofinanciado con axudas AP-POEFE do Fondo Social Europeo e impulsado pola Deputación da Coruña.
Esta formación permite adquirir coñecemento e prácticas sobre montaxe, axuste, ensamble e embalaxe de mobles e elementos de carpintería, previo aprendizaxe, manexo e organización dos elementos necesarios, aplicando as técnicas e procedementos requiridos en cada caso, conseguindo a calidade requirida e en condicións de seguridade.
Rematada a formación as ocupacións e postos a ocupar neste ámbito profesional serían os de: Carpintería de armar en construción. Montaxe-ensamblaxe de elementos de carpintería. Operador/a e armador/a en banco. Operador/a de prensas.
Ao finalizar o Itinerario poderase traballar na profesión de montaxe de produtos de ebanistería en xeral, montaxe de mobles de madeira ou similares, montaxe de produtos de madeira excepto ebanistería, montaxe de envases/embalaxes de madeira e similares e acabado de mobles de madeira.
Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, e cumprir cos REQUISITOS DE ACCESO A CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 2 DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL.
Ademais, pertencer a algún dos seguintes colectivos:
Preferentemente de forma telemática a través da sede electrónica do concello onde estea empadroada e utilizando o botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o formulario dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito formulario normalizado para presentar.
As persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa sempre que cumpran con todos e cada un dos requisitos establecido:
No caso de ausencias superiores ao 10%, aínda que foran xustificadas, non se considerará completado o itinerario formativo e perderase o dereito á obtención da bolsa económica.
Unha vez determinado o número total de horas de asistencia de cada persoa participante, a deputación da Coruña , aboará, nun único pago, as axudas que correspondan a aquelas que completen o itinerario e cumpran os requisitos para a súa obtención.
As fases a seguir no proceso de selección de persoas participantes e os criterios serían:
Non se admitirán inscricións que non vaian acompañadas da documentación requirida e o baremo resultado da entrevista co/a técnico/a municipal de emprego e desenvolvemento local ou orientación, ou esta non sexa lexible ou non se corresponda coa información solicitada.
O ámbito territorial de orixe das persoas participantes é coincidente co ámbito territorial do proxecto, no que se circunscriben os 90 concellos da provincia da Coruña, con menos de 50.000 habitantes.
Os centros onde se desenvolven estas accións en xornada de mañá cun máximo de 5 horas diarias (agás a fase de prácticas en empresa) é o seguinte:
ACCIÓN |
ED NÚM |
CENTRO |
CONCELLO |
HORAS |
HORARIO |
INICIO PREVISTO |
MONTAXE DE MOBLES E ELEMENTOS DE CARPINTERÍA
|
1 |
Centro de Formación Irmas Froilaz
Dirección: Av. do Mar, 115, 15570 Gándara de Abaixo, Narón A Coruña |
NARÓN |
642 horas |
De mañá
">09:00 a 14:00
|
06.02.2023
Unha vez cubertas o 80% das prazas ofertadas (mínimo 10 persoas por edición ata o máximo de 15) |
MONTAXE DE MOBLES E ELEMENTOS DE CARPINTERÍA
|
1 |
CENTRO EN FASE DE CONFIRMACIÓN |
EN TRÁMITE |
642 horas |
09:00 a 14:00 |
Febreiro 2023
Unha vez cubertas o 80% das prazas ofertadas (mínimo 10 persoas por edición ata o máximo de 15) |
Nome: Solicitude de inscrición para as accións de Formación Dual_MONTAXE DE MOBLES E ELEMENTOS DE CARPINTERIA de PEL-Emprego Sustentable no Ámbito Rural_POEFE_FSE.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.
https://emprego.dacoruna.gal/desempregados/quero-formarme/pel-emprego-sostible-no-ambito-rural/