Permite presentar electrónicamente unha solicitude de inscrición para as accións formativas de Dinamización Comunitaria do itinerario de Inserción de Vida Activa, do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cofinanciado con axudas AP-POEFE do Fondo Social Europeo e impulsado pola Deputación da Coruña.
Este Itinerario facilita a profesionalización na área de servizos comunitarios, e como consecuencia o acceso a postos de traballo ou ao autoemprego mediante a cualificación, recualificación ou actualización das competencias profesionais necesarias e requiridas polo mercado laboral para a realización de programas e proxectos de animación sociocultural, sociocomunitaria e/ou participación ciudadana
A participación neste itinerario, complementado con outros módulos formativos obrigatorios facilita o acceso directo ao certificado de profesionalidade do Sistema de Formación Profesional para o Emprego sempre e cando as persoas participantes cumpran tanto os requisitos de acceso como os de participación.
Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, que acrediten o nivel académico mínimo (bacharelato ou titulacións equivalentes) ou as competencias clave (nivel 3) e que amosen algunha das seguintes situacións:
Reservas de prazas para mulleres:
Dinamización Comunitaria: 12 mulleres nesta edición
Preferentemente de forma telemática a través da sede electrónica do concello onde estea empadroada e utilizando o botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o formulario dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito formulario normalizado para presentar.
As persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa se carecen de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano, segundo o establecido na lei de Orzamentos Xerais do Estado.
Para poder percibir esta axuda, a persoa participante deberá completar o itinerario de formación, obtendo o diploma acreditativo ou o certificado de profesionalidade que corresponda, admitindo so ausencias xustificadas de ata o 10% das horas totais da duración.
No caso de ausencias superiores ao 10%, aínda que foran xustificadas, non se considerará completado o itinerario formativo e perderase o dereito á obtención da bolsa económica.
Unha vez determinado o número total de horas de asistencia de cada persoa participante, a deputación da Coruña , aboará, nun único pago, as axudas que correspondan a aquelas que completen o itinerario e cumpran os requisitos para a súa obtención.
As fases a seguir no proceso de selección de persoas participantes e os criterios serían:
Non se admitirán inscricións que non vaian acompañadas da documentación requirida e o baremo resultado da entrevista co/a técnico/a municipal de emprego e desenvolvemento local ou orientación, ou esta non sexa lexible ou non se corresponda coa información solicitada.
O ámbito territorial de orixe das persoas participantes é coincidente co ámbito territorial do proxecto, no que se circunscriben os 90 concellos da provincia da Coruña, con menos de 50.000 habitantes.
Os centros onde se desenvolverán estas accións en xornada de mañán cún máximo de 5 horas diarias (agás a fase de prácticas en empresa), son os seguintes:
ACCIÓN |
EDICIÓN NÚM |
CENTRO |
CONCELLO |
HORAS |
INICIO PREVISTO |
||||
Dinamización Comunitaria |
1 |
Centro Municipal de Formación |
ORTIGUEIRA |
692 |
Unha vez |
||||
2 |
Centro Municipal |
SANTA COMBA ou LAXE |
692 |
||||||
3 |
Asociación Agarimo |
ARTEIXO |
692 |
Nome: Solicitude de inscrición para as accións formativas do programa PEL-Emprego Sustentable no Ámbito Rural.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.
https://emprego.dacoruna.gal/desempregados/quero-formarme/pel-emprego-sostible-no-ambito-rural/