Sede electrónica Concello de Abegondo

12:53:10 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Declaración Responsable de Actividades Recreativas e Espectáculos Públicos

Con carácter xeral, a apertura dos establecementos abertos ao público en que se desenvolvan espectáculos públicos ou actividades recreativas e a organización de espectáculos públicos e actividades recreativas están sometidas ao réxime de declaración responsable.

No entanto, por razóns de interese xeral vinculadas á orde, seguridade e saúde públicas e protección do medio ambiente, esixirase a obtención de licenza municipal ou autorización autonómica nos supostos establecidos no art. 41 LEI 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de Declaración Responsable de Actividades Recreativas e Espectáculos Públicos
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o interesado coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo (ver modelo). No caso de presentación online, non é necesario aportar o documento de identidade do presentador (nin do interesado no caso de utilizar un certificado electrónico de representación).
  • Memoria de actividades e características destas (coa identificación do evento para o que se solicita a autorización, con expresa indicación das datas de celebración, achegando un plano indicativo do espazo acoutado onde se celebrará).
  • Certificado da instalación de baixa tensión de conexión coa rede, se é caso.
  • Cartel o programa co cumprimento dos requisitos do artigo 20 da Lei 10/2017, de 27 de decembro.
  • Acreditación de ter subscrita e en vigor unha póliza de seguro de responsabilidade civil nos termos establecidos na Lei 10/2017, de 27 de decembro.
  • Póliza de seguro de accidentes que teña como mínimo as coberturas do seguro obrigatorio deportivo.
  • Declaración responsable de acreditación do cumprimento das medidas en materia de seguridade, especificando as medidas de sinalización do espectáculo público ou da actividade recreativa e dos dispositivos de seguridade cos que conta nos posibles lugares perigosos.
  • Acreditación do cumprimento do disposto na instrución 2/2018, de 26 de marzo, da Dirección Xeneral de Enerxía e Minas, sobre instalacións eléctricas temporais de baixa tensión, se é o caso.
  • Informe da Xefatura Provincial de Tráfico correspondente nos supostos en que teña lugar o cerre total ou parcial dalgunha vía obxecto da lexislación sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, se é o caso.
  • Regulamento do evento deportivo.

Nome: Declaración Responsable de Actividades Recreativas e Espectáculos Públicos.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                    Presencial.