Sede electrónica Concello de Abegondo

12:48:46 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Rexistro de unións civís

O procedemento de "rexistro de unións civís" regula a formalización e inscrición no correspondente rexistro das unións estables constituídas por persoas de distinto ou do mesmo sexo e as familias derivadas destas, así como as modificacións e remate da devandita unión, calquera que sexa a causa.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Inicar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de rexistro de unión civil.
  • DNI/NIE dos contraentes. Copia do documento de identidade de ambos os dous membros da parella.
  • DNI/NIE das testemuñas. Copia do documento de identidade das testemuñas.
  • Declaración responsable asinada por ambos os dous membros da parella, certificando que os dous son maiores de idade, que non se encontran incapacitados por sentenza firme e que desexan formalizar a súa unión de xeito libre e sen coaccións.

Nome: Rexistro de unións civís.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.