Sede electrónica Concello de Abegondo

03:32:40 Mércores 3 de xullo 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de Axudas a entidades sen ánimo de lucro e comisións de festas anualidade 2023

Non hai convocatorias abertas actualmente

Neste trámite poderase presentar unha solicitude para participar na convocatoria de "Axudas a entidades sen ánimo de lucro e comisións de festas anualidade 2023”. Poderase facer un seguimento do procedemento (bases da convocatoria, propostas de concesión provisional, etc.) a través das sucesivas publicacións realizadas no taboleiro de anuncios.
Lea atentamente as bases coas indicacións para unha correcta tramitación.

Prazo de solicitude dende o 22 de Novembro ata o14 de Decembro de 2023.

De forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.

  • Anexo I Solicitude debidamente cuberto, no que se indicarán as opcións a solicitar (asociacións e/ou Festas Patronais).
  • Anexo II, Declaración do/a presidente/a/ persoa representante de non estar incurso/a en ningún dos supostos de prohibición previstos no art. 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, de non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no art. 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e doutras axudas solicitadas e/ou concedidas.
  • Anexo III só para Asociacións. Certificación do acordo de nomeamento dos membros da Xunta Directiva con expresión do nome, DNI e cargo ( non necesario se se presentou en convocatorias anteriores e non haxa variacións).
  • Anexo IV só para Comisións de Festas. Acordo de nomeamento do representante. Compromiso dos membros da comisión de festas da realización da actividade.
  • Certificado da entidade bancaria do número de conta (no caso de novos solicitantes ou por cambio no número de conta).

Para a xustificación das axudas presentarán a seguinte documentación:

  • Xustificación de gastos debidamente cuberto ( asociacións e/ou Festas Patronais).
  • Anexo I xustificación asociacións, debidamente cuberto, só para asociacións.
  • Anexo I xustificación comisións de festas, debidamente cuberto, só para comisións de
    festas.

Nome: Solicitude  de Axudas a entidades sen ánimo de lucro e comisións de festas anualidade 2023.

Unidade tramitadora: Cultura e Deportes.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Entidades ou comisións de festas.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Non Aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                        Presencial.