Sede electrónica Concello de Abegondo

12:22:54 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude das axudas a deportistas de alto interese municipal 2024

Non hai convocatorias abertas actualmente

Neste trámite poderáse presentar unha solicitude para participar na convocatoria de "Axudas a deportistas de alto interese municipal 2024”.

Poderase facer un seguimento do procedemento (bases da convocatoria, listas de admitidos, resultados, etc.) a través das sucesivas publicacións realizadas no taboleiro de anuncios.

Prazo de solicitude dende o 14 de outubro ao 11 de novembro de 2024. 

As solicitudes presentaranse, de xeito telemático na sede electrónica do Concello de
Abegondo ou no Rexistro Xeral de Entrada do Concello con destino ao servizo de deportes
nun prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte a publicación dun estrato desta
convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Tamén poderán presentarse solicitudes a través de calquera outro medio dos previstos no artigo 16
da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo das Administracións Públicas.

  • A solicitude e anexos deberán cumprimentarse e presentarse no modelo oficial establecido que se adxunta nesta convocatoria.
  • No caso de que a solicitude sexa presentada a través de representante, deberá achegarse a
    autorización escrita asinada pola persoa interesada autorizando o dito representante para solicitar a subvención. Non será precisa esta autorización no caso de solicitudes de menores de idade asinadas polo pai, nai ou titor legal.
  • Fotocopia do documento nacional de identidade ou do seu representante legal, no caso de menores de idade, ou documento que regulamentariamente o substitúa.
  • Declaración de ter a licenza vixente, coa Federación correspondente da modalidade
    deportiva para a que solicitan a subvención (Anexo IV).
  • Declaración responsable de non atoparse incursa a persoa solicitante nas prohibicións
    recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Certificación acreditativa de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria estatal e autonómica, co Concello de Abegondo e a Seguridade Social.

Nome: Solicitude das axudas a deportistas de alto interese municipal 2024.

Unidade tramitadora: Deportes.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                        Presencial.