Sede electrónica Concello de Abegondo

10:48:29 Sábado 15 de novembro 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude das axudas a deportistas de alto interese municipal 2025

Neste trámite poderáse presentar unha solicitude para participar na convocatoria de "Axudas a deportistas de alto interese municipal 2025”.

Poderase facer un seguimento do procedemento (bases da convocatoria, listas de admitidos, resultados, etc.) a través das sucesivas publicacións realizadas no taboleiro de anuncios.

As solicitudes presentaranse, de xeito telemático na sede electrónica do Concello de
Abegondo ou no Rexistro Xeral de Entrada do Concello con destino ao servizo de deportes.

Tamén poderán presentarse solicitudes a través de calquera outro medio dos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo das Administracións Públicas.

O Prazo de presentación de solicitudes e dende o 11 ata o 24 de novembro de 2025.

  • A solicitude e anexos deberán cumprimentarse e presentarse no modelo oficial establecido que se adxunta nesta convocatoria.
  • No caso de que a solicitude sexa presentada a través de representante, deberá achegarse a autorización escrita asinada pola persoa interesada autorizando o dito representante para solicitar a subvención. Non será precisa esta autorización no caso de solicitudes de menores de idade asinadas polo pai, nai ou titor legal.
  • Documento nacional de identidade ou do seu representante legal, no caso de menores de idade, ou documento que regulamentariamente o substitúa.
  • Declaración de ter a licenza, coa Federación correspondente da modalidade deportiva para a que solicitan a subvención (Anexo II).
  • Declaración responsable de non atoparse incursa a persoa solicitante nas prohibicións recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Certificación acreditativa de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria estatal e autonómica, co Concello de Abegondo e a Seguridade Social.

Nome: Solicitude das axudas a deportistas de alto interese municipal 2025.

Unidade tramitadora: Deportes.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                        Presencial.