Sede electrónica Concello de Abegondo

11:30:41 Sábado 15 de novembro 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude para participar na convocatoria de 'Bolsas de estudo para o curso 2025-2026'

Neste trámite poderáse presentar unha solicitude para participar na convocatoria de "Bolsas de estudo para o curso 2025-2026”.

Poderase facer un seguimento do procedemento (bases da convocatoria, listas de admitidos, resultados, etc.) a través das sucesivas publicacións realizadas no taboleiro de anuncios.

Lea atentamente o Diptico coas instruccións para unha correcta tramitación.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.

"O estudantado universitario terá o deber de relacionarse co Concello por medios electrónicos segundo se marca no artigo 10 da Ordenanza municipal reguladora da Administración electrónica do Concello de Abegondo".

O prazo de presentación de solicitudes e dende o 11 de novembro ata o 1 de decembro de 2025.

AXUDAS PARA OS DESPRAZAMENTOS CON FIN ESCOLAR

  • Impreso de solicitude debidamente cuberto, no que se firmará unha declaración de que a documentación presentada acorda cos orixinaies, que tendrá que ter no seu poder no prazo de catro anos para cualquera comprobación que se lle requira.
  • Fotocopia do resgardo da matrícula do curso 2025/2026.
  • Documentación acreditativa da condición de Educación Especial, de ser o caso, adxuntando a seguinte documentación:
    • Certificado do grado de discapacidade.
    • Certificado/informe do departamento de orientación da entidade educativa.
    • Certificado do núm. de conta bancaria a nome do beneficiario onde realizar o ingreso da bolsa.
    • Fotocopia das cualificacións obtidas no curso 2024/2025.
    • Autorización para a obtención das certificacións de estar ao corrente coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Tesorería da Seguridade Social. No caso de non autorizar a consulta de datos deberá presentar os certificados correspondentes.

BOLSAS DE ESTUDO PARA A ESCOLARIZACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA

  • DOCUMENTACIÓN XERAL:
    • Impreso de solicitude debidamente cuberto, no que se asignará unha declaración de que a documentación presentada concorda cos orixinais, que terá que ter no seu poder no prazo de catro anos para calquer comprobación que se lle requira.
    • Fotocopia resgardo da matrícula.
    • Fotocopia do libro de familia.
    • Fotocopia da declaración da renda do ano 2024 ou no seu caso autorización asinada no impreso de solicitude. As unidades familiares exentas de esa obrigación deberán acreditala súa situación, adxuntando a seguinte documentación:
      • Para os membros activos laboralmente, certificado de Facenda de ingresos no ano 2024.
      • Acreditación, por calquera medio axustado ao dereito, de percibir ou non algunha prestación ou pensión (INEM, Xunta, Seguridad Social,...) e o importe da mesma. A renda familiar deberá ser acreditada polos pais (nai e pai) ou tutor do/a estudante.
      • Certificado do núm. de conta bancaria onde realizar o ingreso da bolsa.
      • Factura/s o facturas simplificadas, orixinais ou fotocopias compulsadas xustificativas de ter adquirido libros e material escolar que deberán presentarse de forma individualizada polo beneficiario (alumna/o).
  • DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DA CONDICIÓN DE FAMILIA MONOPARENTAL: Ademáis da documentación xeral deberán presentar a seguinte documentación según proceda:
    • Sentencia de separación ou divorcio e/ou convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiales, ou xustificante de viudez, de ser o caso.
    • Fotocopia do certificado de minusvalía dos fillos maiores de 18 anos con minusvalía do 33% ou superior.
  • DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DA CONCORRENCIA DE SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO.
    De concorrir esta circunstancia deberá presentarse, ademáis da documentación xeral, calquera dos documentos estabrecidos ao efecto na Base Terceira.
  • DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DA CONDICIÓN DE EDUCACIÓN ESPECIAL
    • Certificado do grado de discapacidade.
    • Certificado/informe do departamento de orientación da entidade educativa.
  • DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA PARA OS ESTUDANTES DE EDUCACIÓN SECUNDARIA.
    • Fotocopia das cualificacións obtidas no curso 2024/2025. Aqueles alumnos que non obteñan como mínimo un 5 de nota media ou o equivalente en créditos ademáis de non ter superadas a mitade das disciplinas curriculares nas que este matriculado non terán dereito á axuda.

Nome: Convocatoria de concesión de Bolsas de estudo Curso 2025-2026.

Unidade tramitadora: Cultura e Educación.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                        Presencial.