AXUDAS PARA OS DESPRAZAMENTOS CO FIN ESCOLAR
- Impreso de solicitude debidamente cuberto, no que se asinará unha declaración de que a documentación presentada concorda cos orixinais, que terá que ter no seu poder no prazo de catro anos para calquera comprobación que se lle requira.
- Fotocopia do resgardo da matrícula do curso 2022/2023.
- Documentación acreditativa da condición de Educación Especial, de ser o caso, xuntando a seguinte documentación:
- Certificado do grao de discapacidade.
- certificado/informe do departamento de orientación da entidade educativa.
- Certificado do núm. de conta bancaria a nome do beneficiario onde realizar o ingreso da bolsa.
- Fotocopia das cualificacións obtidas no curso 2021/2022.
- Autorización para a obtención das certificacións de estar ao corrente coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Tesourería da Seguridade Social. No caso de non autorizar a consulta de datos deberá presentar os certificados correspondentes.
BOLSAS DE ESTUDO PARA A ESCOLARIZACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA
A) DOCUMENTACIÓN XERAL:
- Impreso de solicitude debidamente cuberto, no que se asinará unha declaración de que a documentación presentada concorda cos orixinais, que terá que ter no seu poder no prazo de catro anos para calquera comprobación que se lle requira.
- Fotocopia resgardo da matrícula.
- Fotocopia do libro de familia.
- Fotocopia da declaración da renda do ano 2021 ou no seu caso autorización asinada no impreso de solicitude. As unidades familiares exentas desta obriga deberán acreditar a súa situación, xuntando a seguinte documentación:
- Para os membros activos laboralmente, certificado de Facenda de ingresos no ano 2021.
- Acreditación, por calquera medio axustado ao dereito, de percibir ou non algunha prestación ou pensión (INEM, Xunta, Seguridade Social,...) e o importe da mesma.
- A renda familiar deberá ser acreditada polos pais (nai e pai) ou titor do/a estudante.
- Certificado do núm. de conta bancaria onde realizar o ingreso da bolsa.
- Factura/s ou facturas simplificadas, orixinais ou fotocopias compulsadas xustificativas de ter adquirido libros e material escolar que deberán presentarse de forma individualizada por beneficiario (alumna/o).
B) DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DA CONDICIÓN DE FAMILIA MONOPARENTAL: Ademais da documentación xeral deberán presentar a seguinte documentación segundo proceda:
- Sentenza de separación ou divorcio e /ou convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais, ou xustificante de viuvez, de ser o caso.
- Fotocopia do certificado de minusvalía dos fillos maiores de 18 anos con minusvalía do 33% ou superior.
C) DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DA CONCORRENCIA DE SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO.
De concorrer esta circunstancia deberá presentarse, ademais da documentación xeral, calquera dos documentos establecidos ao efecto na Base Terceira.
D) DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DA CONDICIÓN DE EDUCACIÓN ESPECIAL
- Certificado do grao de discapacidade.
- Certificado/informe do departamento de orientación da entidade educativa.
E) DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA PARA OS ESTUDANTES DE EDUCACIÓN SECUNDARIA.
- Fotocopia das cualificacións obtidas no curso 2021/2022. Aqueles alumnos que non acaden como mínimo un 5 de nota media ou o equivalente en créditos ademais de non ter superadas a metade das disciplinas curriculares nas que estea matriculado non terán dereito á axuda.