Sede electrónica Concello de Abegondo

06:23:45 Xoves 28 de setembro 2023
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en aula de actividades culturais

O procedemento pretende xestionar as solicitudes de inscrición nas aulas de actividades do Concello, ben sexa para as diversas actividades de índole cultural organizadas, ben para as actividades da aula de informática.

Teñen que darse de alta de novo en todas as actividades:

  • As inscricións da escola de música comezan o 4 de setembro. Antes de cubrir a inscrición hai que formalizar o horario presencialmente.
  • A escola de bolillos e manualidades comeza as clases o 7 de setembro.
  • En caso de haber máis inscricións que prazas terán preferencia as persoas empadroados.
  • As baixas realizaranse antes do día 1 do mes na que se quere dar a baixa.
  • A tempada de inverno comeza o 1 de setembro e remata o 30 de xuño.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiiza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Xustificante de pago de taxas/prezo público de inscrición segundo a/as ordenanza/s vixente/s.

Nome: Solicitude de inscrición en aula de actividades (informáticas, culturais, etc).

Unidade tramitadora: Cultura.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos:
Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.