Sede electrónica Concello de Abegondo

05:42:20 Mércores 12 de marzo 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

Convocatoria Ordinaria:         1-31 de Marzo

Convocatoria Extraordinaria: Consultar a Ordenanza Reguladora.

  • Formulario de Solicitude de praza na Escola Infantil Municipal (É obrigatorio anexar este formulario cumprimentado e asinado).
  • Certificado de empadroamento colectivo.
  • Libro de familia ou certificado de nacemento.
  • Título de familia numerosa.
  • Declaración do Imposto sobre a Renda das persoas físicas (individual/conxunta).
  • Certificado de imputacións da renda da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
  • Tres últimas nóminas e última da paga extra. (nai/pai)
  • Xustificante de pensións da Seguridade social.
  • Certificación do INEM de alta como demandante de emprego.
  • Certificación do INEM de prestación económica.
  • Certificación do grao de discapacidade dalgún membro da unidade familiar.
  • Informe do organismo competente sobre o grao de discapacidade e necesidade de integración.
  • Informe de servizos sociais por situación especial da unidade familiar.
  • Último recibo do pagamento da cota á Seguridade social no caso de traballadores autónomos.
  • Outra documentación

No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello requirirá ao interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou xunte os documentos necesarios, con indicación de que, se así non se fixese, se terá por desestimada a súa petición arquivándose sen máis trámite.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.