BOLSAS DE ESTUDO 2025 2026
EXP: 2025/A002/000002
O Concello de Abegondo aprobou a convocatoria de bolsas de estudo para o curso 2025/2026:
-Axudas para os desprazamentos co fin escolar (Anexo I).
-Bolsas de estudo para a escolarización de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria (Anexo II).
O prazo de solicitude estará aberto desde o 11 de novembro ata o 1 de decembro de 2025.
Na seguinte ligazón poden descargarse os modelos que deben presentarse para solicitar a bolsa de estudo e presentar a bolsa de estudo de maneira en liña:
https://sede.abegondo.gal/sxc/é/procedimientosytramites/tramites/Solicitudbolsaestudiocurso2025-26
Asi mesmo, o estudantado universitario terá o deber de relacionarse co Concello por medios electrónicos segundo se marca no artigo 10 da Ordenanza municipal reguladora da Administración electrónica do Concello de Abegondo.