Sede electrónica Concello de Abegondo

12:46:36 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de licenza de edificación

A Solicitude de Licenza de Edificación deberá presentarse para os seguintes actos de uso do solo e do subsolo:

  • Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte a normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación.
  • As intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
  • A localización de casas prefabricadas, piscinas e instalacións similares, xa sexan provisionais ou permanentes.

(Art. 142.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • SEMPRE REQUERIDA: Solicitude de licenza de edificación.
  • Datos identificativos da persoa solicitante. Persoas físicas: - DNI (ou documento que faga as súas veces da persoa solicitante ou da representante).  - As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable ante o secretario do Concello) Persoas xurídicas: - DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación. - Escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Escritura pública de propiedade do terreo. Dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.
  • Reportaxe fotográfica do solar ou da edificación, subscrita pola persoa solicitante e polo técnico redactor do proxecto. Nos casos de nova edificación en edificacións entre medianeiras, acompañarase tamén fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.
  • Oficio de dirección das obras.
  • Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento debidamente cuberto e asinado.
  • Cando proceda, documentación acreditativa da mancomunidade de patios ou garaxes ou compromisos cos lindantes no caso de edificacións apegadas.
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas.
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial; declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto, no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • En Núcleo Rural Común admítense outros materiais e formas que harmonicen cos valores naturais do núcleo e a paisaxe rural do entorno sendo necesario aportar no proxecto un estudo paisaxístico do ámbito que dé cumprimento aos artigos 346.B e ao 351.B do PXOM e ao artigo 104 da LOUG.
  • En edificacións con afeccións sectoriais, presentar copia dos informes favorables.
  • No suposto de edificación en solo rústico: presentación da autorización autonómica.
  • Proxecto en formato papel e dixital , plano de emprazamento, en formato DWG ou DXF xeoreferenciado para realizar as correspondentes comprobacións e incorporación da nova edificación na base cartográfica municipal.
  • Resgardo de abono da taxa e imposto por tramitación de expediente de licenza de obras.
  • Compromiso de conexión e cesión aos servizos existentes e urbanización segundo o modelo oficial proporcionado polo propio Concello.
  • Proxecto básico (1 copia en formato papel e outra en dixital) asinado por técnico competente segundo a lei 38/1999 do 5 de novembro de ordenación da edificación (LOE), incluíndo todos os apartados e anexos xustificativos do cumprimento da normativa urbanística e regulación das determinacións contidas na normativa do PXOM, código técnico da edificación, anexo xustificativo do cumprimento do DB-SI e condicións de habitabilidade, accesibilidade, salubridade e seguridade.
  • Levantamento topográfico da parcela con altimetría e curvas de nivel cada 50 cm, recollendo os viarios aos cales dá fronte a parcela
  • Plano de servizos urbanísticos existentes: saneamento, abastecemento, rede eléctrica, alumeado público existente, marcando arquetas existentes, debéndose de sinalar o estado actual da urbanización do vial ao que dá fronte a parcela e parcelas lindeiras, con fotografías do estado actual.
  • Plano indicativo dos accesos á parcela indicando as pendentes da rampla de acceso de vehículos e representación do encontro desta coa vía pública. A maiores deberase dar cumprimento das prazas de aparcadoiro esixidas pola normativa municipal e urbanización da parcela.
  • Alzados completos, seccións lonxitudinais e transversais do terreo ata alcanzar as parcelas lindeiras e a vía pública, sinalando con trazo distinto: a) A rasante natural do terreo e das parcelas lindeiras e a vía pública. b) A rasante definitiva de implantación proxectada para a edificación. c) Todas as rasantes do terreo proxectadas (cotas de implantación da edificación, alturas e cornixas, alturas de fachada, cumbreira, etc...) estarán referenciadas á altimetría do levantamento topográfico (rasante natural do terreo).
  • Memoria, cadros e planos específicos sobre o cumprimento das normas de habitabilidade decreto 29/2010 incorporando nos planos as superficies de iluminación e ventilación, dimensións e almacenamento.
  • Plano de situación, referido ao planeamento vixente, empregar cartografía base do concello a descargar na páxina web, con referencia a puntos localizables e con indicación do norte xeográfico, parcelas e vías lindeiras.
  • Plano de emprazamento e xustificación urbanística con cumprimento das normas zonais, sinalando as aliñacións, recuamentos, fronte mínimo, etc...; tomando como plano base a cartografía municipal, e aliñacións do PXOM postas a disposición na páxina web.
  • Plano de urbanización e Rede viaria, identificación das aliñacións, acoutado do sistema viario, superficie de cesión, pavimentación e acometidas..., incorporando a sección tipo da ordenanza de urbanización municipal e un anexo de obras ordinarias de urbanización coas determinacións e contidos establecidos no artigo 6 da Ordenanza municipal para a redacción de proxectos de urbanización, control das obras e recepción.

Nome: Solicitude de Licenza de Edificación.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía / Xunta de Goberno Local.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de resolución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.